Sunday 05 de May de 2024

Novo curso de cociña de Andaina Pro Saúde Mental en colaboración co Concello de Ordes


Clases de cociña. Esta é a última actividade que a asociación Andaina Pro Saúde Mental está a desenvolver dentro do seu amplo programa. Todos os mércores pola mañá a casa da cultura de Ordes é lugar de encontro para que usuarios, usuarias e monitores se poñan os mandís e coloquen as cazolas e tixolas no lume para realizar deliciosos pratos. Para inaugurar estas clases e aproveitando a procedencia dunha das monitoras elaboráronse receitas propias do Caribe, co plátano como ingrediente principal. Patacóns, talladas fritas e cabeza de gato foron algunhas das delicias que se elaboraron. Unha vez máis hai que agradecerlle ao Concello de Ordes a súa colaboración para facer posible a posta en marcha deste novo curso.